Bases do sorteo

Organizador:

  • Nome da empresa: AVÍCOLA DE GALICIA, S.A.U.
  • Domicilio social: Barragáns, 34 – 36157 Campañó (Pontevedra)
  • CIF: A-36002236
  • Dirección de correo electrónico: avigal@avigal.es

Ámbito e datas de comezo e fin da promoción

Entran na promoción os distribuidores dos produtos de Avigal no ámbito de servizo das delegacións de Avigal en Pontevedra e na Coruña. A promoción comeza o 12 de febreiro de 2023 e remata o 18 de febreiro de 2024 (ou ata esgotar as existencias).

Mecánica da promoción e requisitos de participación

Para participar no concurso do lote de produtos, o cliente final que adquira un produto da marca PIO ou Bon Pollo deberá entrar no sitio web www.bonpollo.es e encher o formulario da campaña.

No formulario deberá indicar o produto que adquiriu, o establecemento, a súa localidade e responder á pregunta: «De que te vas disfrazar este ano no Entroido?» O comentario máis orixinal gañará o concurso do lote de produtos. Os usuarios que participen entrarán no sorteo dun lote de produtos.

Haberá un segundo concurso que consistirá en enviar unha foto disfrazado a promocións@avigal.es. O disfrace máis orixinal gañará unha fin de semana nun hotel con encanto en Fisterra: Hotel Bela Fisterra

Data de realización da promoción

O sorteo celebrarase semanalmente.

Valor e natureza do premio ofrecido

O premio do primeiro sorteo (“De que te vas disfrazar este ano no Entroido?”) é un lote de produtos para facer cocido galego, que contén: chourizos curados Lalinense, tira de touciño entrefebrado, tira salgada, orella salgada, xarrete de tenreira galega.

O premio do segundo sorteo (foto do disfrace máis orixinal) é unha fin de semana nun hotel con encanto en Fisterra.

Notificación aos gañadores

Aos gañadores enviaráselles un correo electrónico para informalos de que resultaron premiados. Nese correo enviaráselles un vale para trocaren o premio.

O regalo será enviado durante os días seguintes ao sorteo ao establecemento onde o cliente final mercase o produto procedente de Avigal.

O cliente final deberá levar o vale e entregarllo ao responsable do establecemento para poder levar o regalo.

Protección de datos de carácter persoal

Para participar na promoción, o cliente terá que aceptar a Lei de protección de datos da páxina web.

Aceptación das bases

Os clientes aceptarán estas bases legais polo feito de participaren na promoción.